Tarxeta Núa Moda - Núa Moda


Descrición e condicións de emprego da tarxeta de puntos Núa Moda:

 

A tarxeta Núa Moda é un programa de fidelización propiedade de Núa Moda (OLALLA ALVITE DEL RIO). Este programa leva asociada a tarxeta de fidelización Núa Moda e o sistema de puntos Núa Moda.

 

Por cada compra realizada nas nosas tendas Núa Moda ou na nosa tenda online www.nuamoda.es acumularanse puntos na túa tarxeta/conta de clienta Núa Moda. O importe acumulado en cada compra corresponderase ó 3% do total da compra(excluidos os gastos de envío para pedidos online).

 

Para beneficiarse do sistema de puntos de Núa Moda é necesario estar rexistrada como Clienta/Usuaria no noso portal www.nuamoda.es. Pode rexistrarse como usuaria da nosa web no noso apartado "Clientes" a través do formulario de "Rexistro de clientes".

 

 

 

Abono/Acumulación de puntos.

Consulta de saldo de puntos.

Cargos/Pagar co saldo de puntos da tarxeta.

Roubo/extravío e solicitude dunha nova.

Condicións xerais do programa de puntos/tarxeta Núa Moda.

 

 

 

Para a acumulación na túa tarxeta/conta de clienta dos puntos durante unha compra é necesario:

  • Compras nas tendas Núa Moda:
    1. Estar rexistrada como clienta/usuaria.
    2. Presentar a tarxeta de puntos Núa Moda no proceso de compra.
  • Compras en tenda online www.nuamoda.es:
    1. Estar rexistrada como clienta/usuaria.
    2. Iniciar sesión e realizar o pedido online coa sesión de clienta/usuaria iniciada. ¡Atención!, non acumularán puntos sobre a conta de clienta/usuaria aqueles pedidos que se realicen sen ter iniciado sesión no sistema de identificación segura de www.nuamoda.es.

^ Subir ^

 

 

Na sección clientes, no apartado "Tarxeta Núa Moda" podes ver o saldo actual de puntos acumulados na túa conta/tarxeta de clienta/usuaria de Núa Moda. Ademáis tamén poderás consultar os movementos asociados a túa conta/tarxeta de clienta/usuaria de Núa Moda.

 

Ou si o prefires, podes acercarte a unha das nosas tendas Núa Moda, onde o noso persoal informarache gustosamente do saldo acumulado na túa tarxeta. É imprescindible presentar a "tarxeta Núa Moda" para a consulta nas tendas Núa Moda do saldo acumulado.

^ Subir ^

 

 

O saldo de puntos asociado a túa tarxeta correspondese coa misma cuantía en Euros(€). Dito saldo poderá ser empregado nas túas compras na nosa tenda web www.nuamoda.es ou en calquera das nosas tendas Núa Moda, o que suporá un desconto sobre a túa compra en relación coa cantidade de puntos empregados:

  • Compras en tendas Núa Moda:

Nas compras nas nosas tendas deberás presentar a túa tarxeta Núa Moda e o DNI ou documento de identidade equivalente se eres de fora del territorio español.

  • Compras en tenda online www.nuamoda.es:

Ao tramitar un pedido poderás, só cando teñas iniciado sesión como usuaria, empregar o teu saldo de puntos na túa tarxeta/conta de clienta Núa Moda para obter descontos nas túas compras.

^ Subir ^

 

 

O roubo ou extravío da "tarxeta de puntos Núa Moda" terá que ser comunicado coa maior brevedade a Núa Moda, mediante un destes métodos:

  • Mediante envío postal dunha carta solicitando a anulación da tarxeta e solicitando unha nova a: Ameneiral, 10 15220 Bertamiráns AMES (A Coruña)
  • Por email solicitando a anulación da tarxeta e solicitando unha nova ao enderezo de correo nuamoda@nuamoda.es.
  • Por vía telefónica 981891366 .
  • Nunha das nosas tendas Núa Moda.

 

Ainda que a Tarxeta Núa Moda é gratuíta, Núa Moda reservase o dereito a aplicar un cargo con motivo da entrega dunha nova tarxeta de clienta/e Núa Moda por roubo ou extravío.

^ Subir ^

 

 

 

  • Disposicións xerais:

O presente programa de fidelización (en adiante Tarxeta Núa Moda) está promovido e organizado por Núa Moda (OLALLA ALVITE DEL RIO) en adiante (Núa Moda) con enderezo social en Ameneiral, 10 15220 Bertamiráns AMES (A Coruña). Este programa está dirixido exclusivamente ás persoas que cumpran cos requisitos establecidos nestas condicións xerais. O sistema Tarxeta Núa Moda agrupa tanto a utilización da tarxeta física nas tendas Núa Moda como o emprego do sistema de puntos e descontos nas compras realizadas a través da nosa tenda web www.nuamoda.es.

 

A adhesión ao sistema de puntos Tarxeta Núa Moda e o seu emprego tanto nas nosas tendas físicas como na nosa tenda online implica a aceptación íntegra por parte do cliente de estas condicións. Núa Moda poderá modificar de modo unilateral as mesmas anunciándoo na páxina web www.nuamoda.es (sección Tarxeta Núa Moda).

 

A Tarxeta Núa Moda  é persoal, gratuíta e intransferible e é propiedade de Núa Moda. A inscrición ao programa de fidelización farase a través das diferentes tendas Núa Moda ou a través do noso portal www.nuamoda.es mediante o rexistro como usuaria/o. Para obter a Tarxeta Núa Moda nas nosas tendas  o cliente cubrirá e firmará a ficha dos datos persoais presentando a súa vez o DNI  ou documento de identidade equivalente para persoas de fora do territorio español. A obtención da Tarxeta Núa Moda ven acompañada da creación dunha conta de usuaria/o na nosa páxina web. No caso de as/os clientas/es que se rexistren como clientas/es a través da nosa páxina web, recivirán a Tarxeta Núa Moda acompañando o primeiro envío da primeira compra realizada dende a activación do programa de fidelización Tarxeta Núa Moda.

 

Núa Moda poderá comprobar a idade das persoas que queiran adherirse ao sistema Tarxeta Núa Moda polo que se poderá solicitar ademáis do DNI ou documento de identidade equivalente para personas de fora do territorio español, o permiso dos padres ou titores para que confirmen o consentimento expreso e previo á participación neste programa de aquelas que teñan menos de 18 anos. As persoas menores de 14 anos non poderán ser usuarios da Tarxeta Núa Moda.

^ Subir ^

  • Vantaxes:

O programa de fidelización Tarxeta Núa Moda permite:

  1. acumular en puntos(equivalentes a euros nos teus pedidos) unha porcentaxe determinada polo importe da túa compra
  2. utilizala para obter descontos nas túas compras, ou pagando as túas compras no caso de dispor de saldo suficiente.
  3. participar en sorteos e promocións que eventualmente Núa Moda realiza entre as/os clientas/es adheridos ao sistema de puntos Tarxeta Núa Moda. As/os gañadoras/es de calquera promoción ou sorteo promovido por Núa Moda autorizan expresamente a difusión dos seus datos e/ou imaxen cunha finalidade informativa durante un mínimo de 365 días dende a data da publicación do sorteo ou promoción. 
  4. relizar pagos totais ou parciais nos establecementos Núa Moda e na nosa web www.nuamoda.es. A Tarxeta Núa Moda é persoal e intransferible e non é un medio de pago fora do ámbito indicado neste documento. En ningún caso poderá canxearse o saldo da Tarxeta Núa Moda por diñeiro en metálico.

^ Subir ^

  • Vixencia:

A vixencia inicial da Tarxeta Núa Moda será ata o trinta e un de decembro de 2013(31/12/2013). Ao vencemento deste período inicial renovarase de xeito automático por períodos anuais, salvo que Núa Moda comunique a finalización a través da páxina web ou das tendas Núa Moda con dous meses de antelación. Para aquelas tarxetas creadas despois da data antes indicada, o período de vixencia inicial será ate o trinta e un de decembro(31/12) do ano de entrada en vixencia da tarxeta de clienta/e.

 

Os titulares da Tarxeta Núa Moda poderán darse de baixa en calquera momento a través da nosa páxina web ou solicitándoo por escrito a Núa Moda (OLALLA ALVITE DEL RIO), Ameneiral, 10 15220 Bertamiráns AMES (A Coruña) ou no enderezo de correo nuamoda@nuamoda.es, adxuntando o número de la tarxeta o DNI ou documento de identidade equivalente para clientas/es de fuera del territorio español.

 

  • Protección de datos:

Véxase a sección "Política de Privacidade" de datos aquí.

^ Subir ^

 

 

                                                                                                                                                                                                                                                                                   
Subir