Queres traballar connosco?
Tras 10 anos de continuados éxitos, nos que Núa non parou de crecer conseguindo crear un equipo de expertos profesionais con ampla experiencia, abrímonos ao mercado da franquía.
Ofrecémosche un negocio creado para a muller actual e moderna que quere vestir cómoda e á vez feminina e atractiva. En Núa queremos que tanto a apertura do negocio coma a súa xestión te resulten moi sinxelas, para iso traballamos día a día deseñando procesos que simplifiquen e economicen a túa actividade diaria, porque no éxito do teu negocio reside o noso.
A rede de franquiciados é moi importante para nós, xa que creemos no traballo en equipo e no poder do grupo, por iso seleccionamos ás mellores franquiciadas para cada zona e poñemos á súa disposición o Saber Facer de todo o noso equipo de expertos.
Se queres formar parte do noso proxecto, contacta co noso Departamento de Expansión para ampliar a información e ensinarche os pasos ata a apertura da túa propia tenda Núa.